venres, 29 out 2010
O alcalde de Vigo anunciou este venres a conclusión dos traballos de protección e conservación do patrimonio histórico e paisaxístico dos xardíns de Pereiró, unha mellora que procuraba tamén "potenciar" os accesos ao cemiterio municipal. De cara á festividade do 1 de novembro, Caballero explicou que os camposantos municipais ampliarán o seu horario e se reforzará o servizo de transporte público.
venres, 29 out 2010
O tenente de alcalde e presidente do comité executivo da Fundación Vigo Convention Bureau, Santi Domínguez, recolleu este venres o premio outorgado por Expogalaecia polo traballo desenvolvido pola Concellería de Turismo para impulsar a promoción do turismo en Vigo e a creación do Convention Bureau. O acto tivo lugar tras a inauguración da XIII edición de Expogalaecia, Salón Internacional de Turismo, Gastronomía e Artesanía, que xunto a Vigoferia se poderá visitar ata o 1 de novembro de 11 a 21 horas no IFEVI.
venres, 29 out 2010
O Auditorio da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) acolleu na mañá deste venres a primeira das obras de teatro que están a levar á escena os alumnos e membros de Navia de Espectáculos. Á primeira escenificación, que no caso desta obra concreta está dirixida a escolares da cidade, asistiu o concelleiro socialista Xulio Calviño. Os días 12 e 26 de novembro rapaces de distintos colexios volverán a gozar con esta adaptación dunha peza de Carlos Casares.
venres, 29 out 2010
Abel Caballero asistiu na mañá deste venres ao acto institucional de conmemoración do vixésimo quinto aniversario do nacemento da Escola de Telecomunicacións, evento no que participaron unha ampla representación dos 3.000 titulados. O 2 de novemebro de 1985 comzaron a impartirse as clases convertíndose entón na terceira escola desta rama da enxeñería en España.
venres, 29 out 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, entregou este venres os diplomas aos alumnos e alumnas de Maxisterio participantes no programa de formación sobre prevención de drogodependencias que impulsa a Concellería de Benestar Social. No acto, o nacionalista expresou a súa confianza en que a formación recibida séxalles útil para dar resposta aos retos cos que se enfrontan os mestres, como situacións de violencia, desarraigo, absentismo escolar, desautorizacións ou uso inadecuado das novas tecnoloxías.
venres, 29 out 2010
A Semana de Teatro Afeccionado, que de desenvolve dende o luns no Auditorio Municipal en colaboración coa Agrupación de Centros Culturais de Vigo, rematará o vindeiro domingo 31 de outubro coa entrega de premios ás catros agrupacións elixidas para participar no programa Vigo a Escena 2011. Segundo o concelleiro de Cultura, Xesus López, o obxectivo desta iniciativa é "facer partícipes aos barrios e parroquias de Vigo nas actividades culturais da cidade".
venres, 29 out 2010
Abel Caballero fixo entrega onte xoves do recoñecemento ás persoas que participaron no programa da Concellería de Promoción Económica e Emprego, financiado polo Fondo Social Europeo e xestionado pola Fundación Biodiversidade para a mellora do emprego e o medio ambiente. A iniciativa, levada a cabo durante dous anos, superou as expectativas iniciais de formación e asesoramento ambiental a empresas e traballadores en activo de pequenas e medianas empresas e autónomos.