O alcalde presenta un orzamento municipal para 2011 "austero, con esforzo inversor, social e educativo"
A Xunta de Goberno Local deu este xoves luz verde ás contas do Concello para o próximo ano, que totalizan 227 millóns de euros, un 8% menos que o de 2010. Abel Caballero salientou o descenso en gasto corrente e de persoal, ao tempo que se reservan 18 millóns para investimentos e sube o gasto social e educativo. O cuarto orzamento consecutivo aprobado, a primeira vez que acontece en Vigo en democracia, "pon de relieve a estabilidade deste goberno", asegurou o alcalde.