Benestar incrementará no 2011 o orzamento para becas e incluirá Coia no programa de prevención de condutas de risco
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, reiteraron este mércores o seu compromiso coa educación na xuntanza que mantiveron con membros dos equipos directivos e de orientación dos centros escolares da cidade. Como consecuencia deste compromiso, a Concellería de Benestar Social incrementará o orzamento que destinará no 2011 a becas de libros e comedores, pasando de 620.000 a 720.000 euros, e ampliará a Coia o programa de prevención de condutas de risco, que xa está en marcha na zona centro, Teis e Calvario.
"Consideramos que o eido educativo é prioritario no obxectivo xeral de mellorar a calidade de vida e no traballo para a xente. Neste sentido os centros educativos son un primer piar fundamental", destacou Santi Domínguez tras agradecer aos participantes a súa asistencia. Sinalou que a xuntanza tiña como obxectivo transmitir as actuacións que se están levando a cabo dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social, pero tamén "recoller as suxestións e as críticas" para mellorar as iniciativas postas en marcha.
Respecto ás axudas municipais para libros e comedor, a concelleira de Benestar Social salientou que este ano foi "un aluvión" a cantidade de solicitudes recibidas e que supuxo o gasto dos 620.000 euros orzamentados, o que permitiu que o número de becas concedidas aumentase en máis do 14% respecto ao ano pasado. Explicou que o seu departamento recibiu 1.059 peticións de axuda para becas de libros, das que se concederon 540, mentres que as solicitudes para comedor foron 2.632, das que se outorgaron 1.716.
María Méndez abriu a posibilidade de que Benestar Social incremente o número de becas antes de fin de ano, empregando cartos do remanente doutras partidas, co obxectivo de que quede a menor cantidade posible de nenos e nenas en lista de agarda. Porén, comentou o problema que se plantea nalgún colexios, que debido ao incumprimento do compromiso da Xunta de ampliar os comedores escolares hai nenos e nenas que reciben a beca do Concello pero non teñen praza no seu centro para o comedor.
A concelleira nacionalista asegurou que o incremento do orzamento para becas enmárcase no obxectivo de dar resposta ás necesidades que se presentan pola situación de crise actual e debido á drástica redución do orzamento da Xunta para os colexios. Ao respecto, Santi Domínguez indicou que do arredor de 9 millóns de euros do orzamento de Benestar Social, o 7,7% é destinado a becas.
"Para gobernar é necesario saber priorizar, e nas áreas que coordina a Tenencia de Alcaldía haberá recortes orzamentarios de case 3 millóns de euros, pero o de Benestar Social non se pode baixar baixo ningún concepto", subliñou o tenente de alcalde.
Outro tema tratado na xuntanza foi o programa de prevención de condutas de risco, dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos. No encontro, a concelleira de Benestar Social anunciou que o ano que vén o barrio de Coia sumarase á zona centro, Calvario e Teis, onde a iniciativa xa está en marcha a través da Asociación Abertal, Hoy por Mañana e o Plan Comunitario de Teis. "Proximamente celebraremos unha xuntanza cos directores dos centros da zona para explicar o funcionamento do centro", avanzou.
Respecto ao programa de intervención familiar, a técnica responsable do mesmo explicou que no ano pasado traballouse con 414 familias e 680 menores, derivados tanto da atención primaria como dos propios centros educativos. Sinalou que nas primeiras etapas educativos os problemas máis frecuentes son as situacións de risco, problemas de conduta e o absentismo. Na ESO, pola súa banda, destaca o absentismo, os problemas condutuais e o consumo de tóxicos.
María Méndez lembrou que un apartado deste programa desenvólvese a través dun convenio co Secretariado Xitano, que ascende a 110.000 euros e mediante o cal se traballa con 50 familias. Indicou que ten como obxectivo prioritario reducir o "alto nivel de absentismo" das nenas e nenos xitanos. "Estamos contentos co funcionamento destes programas, porque impulsamos a súa coordinación a través destas xuntanzas", asegurou a concelleira.
Descargar todas as imaxes