Xabier Alonso felicita a Carolina Gómez polo sétimo posto no Campionato do Mundo de Ximnasia Acrobática
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, expresou esta mañá os seus parabéns á ximnasta Carolina Gómez, que segundo manifestou o nacionalista "con só 15 anos conta xa cun palmarés envexable", ao acadar o sétimo posto no Campionato do Mundo de Ximnasia Acrobática na categoría absoluta.
Xabier Alonso puxo como exemplo a Carolina Gómez da calidade do deporte vigués. "Vigo conta con excelentes deportistas nas máis variadas disciplinas deportistas", afirmou ao respecto. A ximnasta acadou ademais o primeiro posto no Campionato de España e no Campionato galego correspondentes ao 2010, e quedou segunda clasificada no Campionato Internacional da mesma modalidade celebrado en Bulgaria.
Na recepción celebrada esta mañá na Concellería de Deportes, o nacionalista agasallou á deportista cun exemplar da obra "Vigo cidade das ondas", con textos do xornalista Eduardo Roland e imaxes do fotográfo Javier Teniente, "para que nos continuos viaxes poida presumir de Vigo", dixo Xabier Alonso.
Descargar todas as imaxes