Caballero participou na Comisión Executiva da FEMP, que rexeitou e reprobou as declaracións do rexedor de Valladolid
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu este martes a Madrid para participar na reunión da Comisión Executiva da Federación Española de Municipios e Provicias (FEMP). O ente mostrou o rexeitamento unánime e a absoluta reprobación ás declaracións efectuadas polo alcalde de Valladolid, Javier León da Riva, sobre a Ministra de Sanidade, Igualdade e Política Social, Leire Pajín.
Os membros da Comisión Executiva da FEMP debateron sobre un texto presentado polo Grupo Socialista, no que se mostra o rexeitamento e a reprobación das súas declaracións e se manifesta a vontade de que a FEMP e os Gobernos Locais de España continuarán traballando pola igualdade efectiva entre homes e mulleres para construír unha sociedade máis xusta e humana.
Previamente, o Alcalde de Valladolid manifestou que as súas declaracións foron inaceptables e improcedentes. O texto, que reflicte o sentir dos membros da Comisión Executiva, afirma que a igualdade entre homes e mulleres é un obxectivo de todas as administracións públicas e servirá para crear unha sociedade máis xusta e humana. Ata agora percorreuse un longo camiño, habendo avanzado no recoñecemento do papel das mulleres en todos os ámbitos da nosa sociedade.
Un labor que queda empañada por declaracións absolutamente reprobables como son as realizadas polo alcalde de Valladolid, Francisco Javier León da Riva.
Estas declaracións non teñen cabida nunha sociedade democrática na que as persoas deben ser valoradas pola súa capacidade e non pola súa aparencia física, o seu sexo ou a súa condición social, porque iso responde a un dereito consustancial ao ser humano.
A FEMP recorda que cando asinou a Carta Europea pola Igualdade, comprometeuse, entre outras cousas, "a garantir que o labor de comunicación efectuada polos Concellos, Deputacións, Consellos e Cabildos Insulares, como institucións representativas da cidadanía, xa fose pública ou interna, oral ou escrita, debía de estar totalmente afastada de expresións fundadas sobre a idea da superioridade ou da inferioridade dun ou outro dos dous xéneros".
Descargar todas as imaxes