Escoitar

Raquel Díaz defende no pleno da corporación que o 60% da inversión prevista nos orzamentos está xa contratada

A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, realizou na mañá deste luns un repaso ao estado de execución dos orzamentos do terceiro trimestre de 2010. Segundo os datos aportados pola concelleira socialista o 78% dos ingresos previstos nos orzamentos de 2010 xa se ingresaron o que, ao seu xuízo, "amosan a capacidade para facer uns orzamentos prudentes e coherentes coa situación actual"

luns, 25 out 2010
1288010569pleno.JPG
Díaz incidiu tamén en que o 65% do gasto está xa comprometido e que hai máis de 200 millóns de euros en obras e servizos "para todos os vigueses". Respecto das inversións a edil de Economía e Facenda destacou no pleno que o 60% da mesma xa está contratada e que o 35% da mesma está xa contratada. En total, segundo afirmou, máis de 55 millóns en inversións en obras que se están a executar, dixo.

Raquel Díaz falou da aposta do goberno municipal polas humanizacións, polos parques infantís pola ensinanza e as becas de inglés, polos servizos sociais, garderías, becas de comedor, recuperación do Casco Vello, apoio ao pequeno e mediano comercio, entre outros. A concelleira resumiuno na "aposta pola educación, o social, as inversións e, en definitiva, pola xeración de emprego".
Descargar todas as imaxes