Escoitar

A corporación insta á Xunta e ao Ministerio de Industria a que garantan a continuidade de Vulcano

A corporación municipal de Vigo votou por unanimidade, a proposta do BNG, instar á Xunta de Galiza e ao Ministerio de Industria que adopten as medidas necesarias para garantir a continuidade do estaleiro Vulcano. Aínda que había outra moción do Partido Popular, na que só pedía a implicación do Ministeiro de Industria, na súa intervención, o tenente de alcalde Santi Domínguez destacou a importancia de votar conxuntamente a moción "por riba dos partidos políticos".

luns, 25 out 2010
1288010912Vulcano.JPG
"O BNG quere conseguir o compromiso unánime e claro dos 27 concelleiros e concelleiras para que tanto Xunta como Ministerio de Industria teñen que adoptar as medidas que sexan necesarias para garantir a continuidade de Vulcano", manifestou Santi Domínguez. Nesta liña de acadar a unanimidade, o tenente de alcalde solicitou a suspensión momentánea do pleno a fin de que o PP accedera a refundir o documento que presentaba tamén sobre o estaleiro Vulcano. Finalmente houbo acordo entre os tres grupos políticos para instar ás dúas administracións a adotar "as medidas necesarias para garantir a continuidade do estaleiro Vulcano", diante da situación do proceso pre-concursal no que se atopa.

O tenente de alcalde asegurou que esa unidade da corporación é fundamental na defensa dos postos de traballo de Vulcano, que cifrou en máis de mil, tendo en conta os empregos directos e os indirectos, "que non é ningunha broma", puntualizou. Santi Domínguez embrou que Vulcano cumpriu todas as esixencias establecidas por Pymar e advertíu de que Vigo non se pode permitir unha segunda reconversión naval.

Pola súa banda, o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, salientou que si ben parecer que o problema inmediato do conseguir financiamento para rematar o sísmico está encauzado, hai que conseguir que Xunta e Ministerio se impliquen para dar unha solución de futuro ao naval vigués.

O concelleiro do PP, Miguel Fidalgo, sinalou que nestes momentos hai risco dunha segunda reconversión no navel e alertou de que a nosa cidade non pode permitirse pechar nin unha soa empresa máis.
Descargar todas as imaxes