luns, 25 out 2010
A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, realizou na mañá deste luns un repaso ao estado de execución dos orzamentos do terceiro trimestre de 2010. Segundo os datos aportados pola concelleira socialista o 78% dos ingresos previstos nos orzamentos de 2010 xa se ingresaron o que, ao seu xuízo, "amosan a capacidade para facer uns orzamentos prudentes e coherentes coa situación actual"
luns, 25 out 2010
A corporación municipal de Vigo votou por unanimidade, a proposta do BNG, instar á Xunta de Galiza e ao Ministerio de Industria que adopten as medidas necesarias para garantir a continuidade do estaleiro Vulcano. Aínda que había outra moción do Partido Popular, na que só pedía a implicación do Ministeiro de Industria, na súa intervención, o tenente de alcalde Santi Domínguez destacou a importancia de votar conxuntamente a moción "por riba dos partidos políticos".
luns, 25 out 2010
O concelleiro de Urbanismo, José Mariño, lembrou a simboloxía do edificio industrial e fixo referencia á necesidade de que sexa conservado e preservado coma un espazo público de uso dotacional. Mariño destacou que a estas alturas "todos defenden" e coinciden en que se trata dun ben de interese cidadán. A proposta foi aprobada cos votos favorables do PSOE e o BNG e a abstención do PP.
luns, 25 out 2010
O Pleno da corporación municipal aprobou este luns apoiar o ingreso da escritora María Xosé Queizán na Real Academia Galega, a proposta do Consello Municipal da Muller de Vigo. Segundo destacou a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, o Consello valorou o activismo feminista de María Xosé Queizán tanto na súa actividade social como literaria, así como a necesidade de que a RAG acade unha maior representación de mulleres, xa que só conta na actualidade con catro mulleres.
luns, 25 out 2010
PSOE e BNG tamén votaron a favor de que o Concello inste a Xunta e asegure o financiamento para manter o servizo de transporte nocturno a lugares de lecer coñecido como o "Noitebús". Pola contra socialistas e nacionalistas votaron en contra da moción do PP na que solicitaba que os aparcadoiros de Praza de Portugal e Porta do Sol pasen a seren estacionamento para residentes
luns, 25 out 2010
O tenente de alcalde e presidente do comité executivo da Fundación Vigo Convention Bureau, Santi Domínguez, anunciou este luns que o Ifevi acollerá do 18 ao 20 de marzo a primeira edición de Sabega, o Salón de Bebé de Galiza. Esta feira reunirá ás firmas galegas e internacionais máis importantes relacionadas co embarazo, o parto, a lactancia e o bebé e centrará a súa actividade na alimentación infantil.