Escoitar

Visto e prace á moción do PSOE instando á Xunta a anular a licitación do hospital de Vigo

PSOE e BNG tamén votaron a favor de que o Concello inste a Xunta e asegure o financiamento para manter o servizo de transporte nocturno a lugares de lecer coñecido como o "Noitebús". Pola contra socialistas e nacionalistas votaron en contra da moción do PP na que solicitaba que os aparcadoiros de Praza de Portugal e Porta do Sol pasen a seren estacionamento para residentes

luns, 25 out 2010
1288010705plenodos.JPG
O concelleiro do PSOE Santos Héctor, defendeu no pleno que o custo total do hospital de Vigo ascende a 347,3 millóns de euros con licitación pública, mentres que "a licitación privada" proposta polo goberno de Feijóo "cuadriplicará o seu custe". Héctor aludiu as carencias das infraestruturas sanitarias en Vigo e a súa área e avanzou que o feito de incluír a un "decisor privado permanente e único, movido pola rendibilidade e non de servizo público" suporá "a acumulación da débeda para xeracións futuras".

Pola súa banda o concelleiro de Transporte, Xulio Calviño, defendeu na súa intervención que o Noitebús é unha das medidas incluídas no Plan Galego de Seguridade viaria posto en marcha polo anterior Goberno da Xunta. Lembrou o edil socialista que desde a súa posta en marcha tivo unha gran aceptación pola mocidade rexistrando un incremento anual de usuarios.

"O 20 de setembro de 2010 o presidente da Xunta anunciou a redución de servizos adicionais", explicou Calviño, sendo neste caso "os mozos e as mozas os que o van a sufrir" a pesares de ten "un resultado moi positivo".

A edil do BNG Iolanda Veloso, que a medida adoptada polo goberno do PP non responde á austeridade senón que foi "premeditada". Precisamente en referencia a austeridade do Goberno de Núñez Feijoo citou "os máis de 10 millóns de euros nos 500 coches oficiais" ou nos "3,8 millóns de euros" que lle custará ao goberno autonómico prescindir dos 190.000 libros de texto en galego.

Neste punto a concelleira Begoña Romero, do PP, asegurou que "o Noitebús non se suprime, o servizo pode seguir sendo prestado por parte de empresas privadas".

Aparcadoiros
O pleno da corporación debateu tamén na mañá de hoxe a moción do PP na que se solicitaba que os aparcadoiros de Praza de Portugal e Porta do Sol pasen a ser estacionamento para residentes. O edil do PP, Antonio Coello, defendeu a moción baseándose na necesidade de que o aparcamento da Praza de Portugal sea nun 90-100% para os residentes e criticou as prórrogas outorgadas á concesionaria.

A este respecto o concelleiro socialista Xulio Calviño que as medidas acordadas realízanse en función dos informes técnicos xurídicos e avanzou que os novos pregos inclúen un 20% de prazas reservadas a este efecto. Ademais tamén informou de que o goberno municipal chegou a un acordo co aparcamento da Porta do Sol polo que contará con prazas para os residentes do Casco Vello.
Descargar todas as imaxes