Escoitar

Chus Lago destaca a riqueza medioambiental dos humedais da cidade

A concelleira de Medioambiente, Sanidade e Consumo avanzou os datos dun estudio "dinámico" que se está a facer nestas zonas verdes da cidade segundo os que seguen a detectarse novas especies de fauna e flora. Animais como o xabarín ou o porco espiño, ademais doutros exemplares en perigo de extinción atopan nos humedais de Vigo o seu hábitat natural.

martes, 26 out 2010
1288098695chus.jpg
A concelleira de Medioambiente, Sanidade e Consumo, a socialista Chus Lago, falou dos humedais da Bouza, de Barreiro, do Vao e de Goberna-Muiños coma "xoias dentro do casco urbano". Así adiantou que Vigo é unha das poucas cidades españolas que ten dentro do casco urbano "tantos metros cadrados de espazos verdes".

A finalidade do estudio levado a cabo pola concellería de Medioambiente é por en valor as características, a flora e a fauna destes espazos para que os cidadáns coñezan a riqueza medioambiental de cada un deles.

Neste momento, segundo explicou Lago, estase a traballar no humidal de Goberna aínda que o estudio esta en fase de enriquecemento permanente ao detectarse a miúdo novas especies. Tanto é así que a concelleira destacou animais coma o xabarín ou o porco espiño no humidal do Vao, por exemplo, o mesmo que agora mesmo ten recoñecidas 60 especies de ves distintas, das que 58 son autóctonas e dúas africanas.

A concelleira avanzou tamén que se instalaron unha serie de carteis ao longo do Lagares, dende Cabral ata a súa desembocadura, con información das aves de cada un dos humidais. Dentro dos proxectos previstos pola concellería está a posta en marcha dun estudio no Lagares a nivel piscícola en colaboración coa Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.
Descargar todas as imaxes