Santos Héctor salienta que o Concello adica 1,1 millóns para formar e contratar a desempregados durante un ano
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego afirmou hoxe martes en rolda de prensa que o Concello inviste este ano 1,1 millóns de euros na formación e contratación durante un ano de 75 desempregados con dificultades de inserción laboral, un "esforzo importante" municipal que ten coma obxectivo que os participantes do programa UTIL estean ao remate deste máis preparados para atopar un posto de traballo.
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, o socialista Santos Héctor, subliñou hoxe martes que o Concello vigués adica este ano 1.150.000 euros para o programa UTIL (Unidade de Traballo e Inserción Laboral), que forma e contrata actualmente a 75 desempregados con dificultades de inserción laboral durante 12 meses.
As 75 persoas inscritas no UTIL son mulleres, desempregados do longa duranción, vítimas de violencia de xénero, maiores de 45 anos, discapacitados ou xovenes entre 18 e 25 anos, dos que 53 son peóns e outros 22 operan como oficiais. A cifra total de 75 contratados é a maior dos últimos anos.
O edil explicou que o programa municipal ten coma obxectivo proporcionar inicialmente unha formación aos participantes -que alóngase máis dun mes en materias de fontanería, electricidade ou construción, prevención de riscos laborais ou eliminación de residuos, entre outros- para posteriormente levar á práctica o aprendido en traballos municipais.
Os partipantes, que comezaron nesta iniciativa no pasado mes de maio, completaron esta primeira fase formativa e xa realizaron traballos para a cidade, como o acondicionamento dos vestiarios no parque de Castrelos, a construción de locais no Castro, a mellora da iluminación na estrada vella de Madrid, novas beirarrúas en Alcabre e mantemento de xardíns no Castro e Castrelos. "En definitiva, levar á práctica a formación que adquiriron", apuntou Héctor, para estar ao remate do UTIL "en mellores condicións para acceder ao mercado laboral nestas especialidades".
Santos Héctor defendeu o "esforzo importante" do Concello de Vigo nesta iniciativa formativa e de emprego, que financia integramente, e anunciou para este ano un incremento de fondos municipais para a contratación de desempregados.
Descargar todas as imaxes