Escoitar

O alcalde presenta un orzamento municipal para 2011 "austero, con esforzo inversor, social e educativo"

A Xunta de Goberno Local deu este xoves luz verde ás contas do Concello para o próximo ano, que totalizan 227 millóns de euros, un 8% menos que o de 2010. Abel Caballero salientou o descenso en gasto corrente e de persoal, ao tempo que se reservan 18 millóns para investimentos e sube o gasto social e educativo. O cuarto orzamento consecutivo aprobado, a primeira vez que acontece en Vigo en democracia, "pon de relieve a estabilidade deste goberno", asegurou o alcalde.

xoves, 28 out 2010
1288269645017.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este xoves as contas municipais para 2011, un orzamento "austero" que contempla un "importante esforzo inversor, social e educativo".

O orzamento do Concello para o próximo ano ascende a 226,7 millóns de euros, un 8% menos que o de 2010, que recolle a conxelación real dos impostos e a non aplicación do IPC ás taxas de escolas infantís e centros de maiores. As bonificacións de anos anteriores -das que se benefician 10.000 familias, explicou Caballero- mantéñense, co que diminúe a presión fiscal.

O Concello vigués solicita para o próximo exercizo un crédito de 11 millóns de euros. O Estado permite o endebedamento aos concellos en boa situación financeira, entre os que Vigo está ao ser o gran municipio español en réxime común menos endebedado de España. Ao remate de 2011, apuntou, o nivel de débeda do Concello seguirá a ser menor que o de 2007.

Caballero valorou que trátase da primeira ocasión na democracia que o Concello de Vigo ve aprobados os seus orzamentos municipais en catro ocasións consecutivas, o que "pon de relieve a estabilidade deste goberno", que cumpre coa "atención á cidade".

Aforro
"Redúcese de forma moi significativa os gastos de persoal", explicou o alcalde, un descenso de 3,4 millóns de euros en total, dos que 1,8 proceden do decreto estatal que regula as condicións salariais dos empregados públicos e outros 1,7 millóns afórranse da amortización de prazas vacantes. O gasto corriente, apuntou o primeiro edil, tamén caeu un 1%, cun aforro de 1,1 millóns de euros.

Gasto social e educativo
O socialista salientou a "votande política" para 2011 de potenciar a vertiente social e educativa do Concello, polo que o gasto en educación ascende un 16% con respecto ao presente exercizo, 1,5 millóns de euros máis. Nesta área, Caballero citou a posta en marcha de tres novas escolas infantís -a de Casiano Martínez, Tomás Alonso e Mestres Goldar-, os 800.000 euros para becas de inglés -100.000 máis que no anterior-, os 330.000 euros para a apertura da aula viguesa da UNED ou a construcción de catro novas garderías, a ubicar en Lavadores, A Seara, Navia e A Doblada. O gasto social tamén experimenta un crecemento do 3%, que ten o seu reflexo nas áres de Participación Cidadá e no mantemento de viais públicos.

Investimentos
As inversións municipais para 2011 suman 18 millóns de euros, das que a metade recaen no departamento de Vías e Obras. O alcalde destacou o "esforzo inversor" vigués nun momento de crise no que grandes concellos rebaixan a cero os seus investimentos.

O goberno local, con cargo ao próximo ano, realizará humanizacións nas rúas Panamá e Nicaragua, na Avenida de Castelao, na Praza de Independencia, na rúa Brasil, na rúa Aragón, en Pintor Colmeiro, en Troncoso, en Balaídos, Martínez Garrido, Ramón Nieto, Doctor Marañón, Menéndez Pelayo, Colombia, en Beade, Espiñeiro, en Teis, no parque de Castrelos, en Matamá-Pazos, na rúa Pino, Esperanto, Toledo, Severino Cobas e Manuel Álvarez.

Ademais, case un millóns de euros irán destinados a Parques e Xardíns para mellorar a Praza da Miñoca, a Gran Vía, o entorno de Balaídos, Teixugueiras, a Alameda de Navia, a Avenida de Castelao e o parque Rivera Atienza.

Caballero citou asemade partidas para o convenio da nova depuradora e para a recuperación dos humedais da cidade. Xunto a estas actuacións, e a cargo de partidas xenéricas de 2011, o alcalde garantiu que "faremos investimentos de novo en otdas as parroquias de Vigo".

Outras administracións
O alcalde de Vigo detallou que o Concello, nas súas contas para o próximo exercizo, percibe do Goberno de España 71,8 millóns de euros, o que representa un 8% máis que no 2010. o goberno autonómico, pola súa banda, achega á cidade de Vigo 8,8 millóns. "O Estado aporta o 800% máis que a Xunta de Galicia" á cidade olívica, concluiu Caballero.
Descargar todas as imaxes