María Méndez presenta a primeira edición do concurso "Eu tamén podo", dirixido a persoas con discapacidade
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou este xoves a primeira edición do concurso "Eu tamén podo", que terá as modalidades de creación literaria, fotografía, pintura e debuxo. O prazo de entrega das obras remata o 26 de novembro e os premios entregaranse o 3 de decembro, Día Mundial da Discapacidade.
A concelleira nacionalista salientou que o obxectivo desta iniciativa é a dinamización cultural e a integración das persoas que teñen algunha discapacidade, pero tamén "sensibilizar as persoas sen discapacidades". Dixo que hai dúas categorías, unha de adultos para maiores de 18 anos, e outra para asociacións e entidades que traballen con persoas con discapacidades. Ademais, detallou as condicións dos traballos para participar en cada unha das modalidades do concurso, que en calquera caso deben ser inéditos e orixinais; así como os premios correspondentes a cada categoría.
Respecto ao apartado de creación literaria sinalou que hai "libertade de xénero", deberán ser escritas en lingua galega, presentadas por duplicado e cunha extensión máxima de 8 páxinas. Na modalidade de fotografía, María Méndez indicou que poderán presentarse en branco e negro ou cor, en formato dixital ou analóxico, de tema libre pero cunha dimensión maior de 15x20. Sobre o apartado de pintura, comentou que as obras deberán facerse ao óleo, acrílico ou acuarela e que o tamaño non deberá ser inferior ao tamaño folio nin superior a 130x130. Finalmente, nos traballos presentados na modalidade de debuxo pode empregarse técnica libre.
María Méndez avanzou que o xurado reunirase o 30 de novembro e emitirá o fallo o 3 de decembro. Estará integrado pola concelleira de Benestar Social, o concelleiro de Cultura, un xornalista ou escritor, un fotógrafo, un debuxante e un pintor. "Queremos que estea integrado por xente significada de Vigo para darlle trascendencia ao concurso e que a sensibilización sexa maior", manifestou.
No tocante aos premios, indicou que en cada unha das modalidades (creación literaria, fotografía, pintura e debuxo) haberá dous premios na categoría de adultos e un para a categoría de asociacións. O primeiro premio na categoría de adultos estará dotado con 250 euros e o segundo con 100 euros, mentres que a categoría de asociacións concederanse 150 euros.
Descargar todas as imaxes