O alcalde subliña que os orzamentos municipais de 2011 reducirán a débeda do Concello en 1,5 millóns
Abel Caballero explicou hoxe venres que os orzamentos do Concello para 2011 inclúen unha amortización de débeda de 12,5 millóns e un crédito de 11, polo que as contas municipais tras o próximo exercizo verán reducido o seu nivel de endebedamento. O alcalde indicou que, ao remate de 2011, o Concello de Vigo continuará a ser, como na actualidade, o municipio español con menor débeda.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou hoxe venres en rolda de prensa que os orzamentos do Concello para 2011 -aprobados onte polo goberno local- reducirán a débeda total municipal en 1,5 millóns.
Segundo afirmou, o endebedamento total do Concello será tras o exercizo deste ano de 60,2 millóns de euros e reducirase a 58,7 millóns ao remate de 2011. "Os orzamentos do ano que ven diminúen a débeda", indicou Caballero, pois a amortización prevista ascende a 12,5 millóns e o crédito a contraer será de 11 millóns, un "exercizo de responsabilidade" que arroxan un saldo positivo de millón e medio de euros.
O rexedor vigués cifrou no 25% o nivel de débeda no que estará o Concello de Vigo tras a liquidación do orzamento do 2011 co que, tal e como afirmou, a cidade olívica seguirá a ser a menos endebedada de España.
Abel Caballero concluíu que as contas municipais para o vindeiro ano son "moi realistas e moi austeros", manteñen investimentos e incrementan o gasto social e educativo ao tempo que rebaixa o nivel de débeda.
Descargar todas as imaxes