Escoitar

O alcalde participa no acto de celebración dos 25 anos da Escola de Telecomunicacións de Vigo

Abel Caballero asistiu na mañá deste venres ao acto institucional de conmemoración do vixésimo quinto aniversario do nacemento da Escola de Telecomunicacións, evento no que participaron unha ampla representación dos 3.000 titulados. O 2 de novemebro de 1985 comzaron a impartirse as clases convertíndose entón na terceira escola desta rama da enxeñería en España.

venres, 29 out 2010
1288357255teleco.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi participe na mañá deste venres do acto institucional de celebración e conmemoración do vixésimo quinto aniversario da hoxe Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación de Vigo, organizado pola devandita facultade da Universidade de Vigo.

O curso universitario actual, o 2010-2011, celebra que a Escola leva 25 anos formando a estudantes de toda Galicia, e no acto desta mañá estiveron presentes unha ampla representación dos 3.000 titulados. A que agora está integrada na Universidade de Vigo, o 2 de novembro de 1985 convertiase no terceiro centro desta rama da enxeñería en operar en España.
Descargar todas as imaxes