Escoitar

O alcalde entrega os diplomas aos traballadores en activo que participaron no programa formativo Vigo Medio Natural

Abel Caballero fixo entrega onte xoves do recoñecemento ás persoas que participaron no programa da Concellería de Promoción Económica e Emprego, financiado polo Fondo Social Europeo e xestionado pola Fundación Biodiversidade para a mellora do emprego e o medio ambiente. A iniciativa, levada a cabo durante dous anos, superou as expectativas iniciais de formación e asesoramento ambiental a empresas e traballadores en activo de pequenas e medianas empresas e autónomos.

venres, 29 out 2010
Co obxectivo de fomentar a conservación e o respecto do medio para mellorar a empregabilidade dos distintos grupos de poboación, especialmente os relacionados coa montes periurbáns de Vigo o programa tivo como colectivos prioritarios as mulleres traballadores, aos maiores de 45 anos e a traballadores do sector ambiental.

O proxecto estructurouse en accións formativas, que consistiron en 7 cursos, unha campaña de información e comunicación, coa entrega de 5.000 manuais de boas prácticas, asesoramento personalizado, a elaboración dunha guía para adaptar as actividades empresariais de Vigo á normativa ambiental, a realización dun estudio para coñecer as necesidades dos novos perfís profesionais neste campo, a creación dun observatorio sobre emprego e medioambiente e a celebración dunha xornada co obxectivo de dar a coñecer os resultados do estudio.