Escoitar

O alcalde estuda con ASIME un "plantexamento conxunto" para o naval vigués e ofrece a súa intermediación

Abel Caballero reuníuse este martes con responsables da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia para estudar a actual situación do naval da Ría de Vigo e de Factoria Vulcano en particular. O alcalde ofreceulles trasladar as propostas do sector, en "dificultades" e necesitado de "impulso", a Santiago e Madrid e amosou novamento o seu "apoio absoluto" ao naval e á continuación da construción o buque 533 en Vulcano.

martes, 2 nov 2010
1288705564asime.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este martes á dirección de ASIME e ofreceulles a súa mediación en Santiago e Madrid para acadar un "plantexamento conxunto de apoio absoluto ao sector naval e ao barco 533 de Vulcano".

O alcalde e a Asociación constataron as "dificultades" que atravesa este sector, "capital" para a cidade e para Galicia, que precisa dun "impulso". A entidade transmitiulle a Caballero a súa intención de solicitar dos gobernos galego e español respaldo para o propio financiamento das compañias e para a formación dos traballadores, tras o que o rexedor ofreceu a súa intermediación.

A "magnífica industria auxiliar" é o elemento de diferenciación do naval vigués co resto de España, polo que hai que facer "un gran esforzo" para que esta actividade manteña o seu funcionamento pese á crise, asegurou o primeiro edil.

Caballero concluiu existe unha "toma de conciencia colectiva" das dificultades que atravesa esta industria -"que se poden superar", asegurou- e das que Factoria Vulcano presenta a maior urxencia. O alcalde reiterou o seu respaldo a que o astaleiro continúe ensamblando o buque 533 e defendeu que a empresa, os traballadores e Pymar acaden na súa reunión de mañá mércores unha solución neste punto.

Os empregados da factoria convocaron unha manifestación para o próximo xoves, 4 de novembro, na que o rexedor vigués xa anunciou a súa participación "para apoiar a Vulcano e ao naval de Vigo".
Descargar todas as imaxes