Escoitar

A Xunta de Goberno Local aproba a contratación do programa educativo "Horta ecolóxica na escola"

Abel Caballero destacou a necesidade de fomentar a educación ambiental a través deste recurso didáctico de aprendizaxe nos centros escolares de educación primaria da cidade. A Xunta de Goberno aprobou tamén unha subvención para a ASCD Monte da Mina e outorgar outra axuda a asociacións viguesas para fomentar o asociacionismo e a participación cidadá.

martes, 2 nov 2010
1288705523017.jpg
O alcalde de Vigo avanzou que o programa educativo "Horta Ecolóxica na escola" terá un orzamento de 227.000 euros cunha partida para 2011 de 57.000 euros. Segundo explicou o programa será impartido por educadores especializados e pretende a familiarización e a concienciación do respecto ao medioambiente a través de pequenas hortas en cada un dos centros escolares que participan na iniciativa.

A Xunta de Goberno Local deu tamén o visto e prace ao convenio de colaboración entre o Concello e a AVCD "Monte da Mina" de Castrelos, por un importe de 9.000 euros, para financiar parte dos gastos de mantemento e para garantir o bo funcionamento do Viveiro de Asociacións Monte da Mina, creado nas instalacións da Asociación durante o 2010; unha iniciativa que Abel Caballero cualificou coma "moi interesante".

Neste ámbito destacan así mesmo as subvencións aprobadas para o fomento do asociacionismo e a participación cidadá, que en 2010 conta cun orzamento de 354.000 euros. Abel Caballero incidiu en que mantense o "esforzo continuo á rede de asociacións civís da cidade" co aopio para as súas actividades, para o mantemento e para inversións de equipamento e de obras. Tamén subliñou o rexedor socialista a aprobación provisional de arranxos de iluminación por unha cantidade superior aos 80.000 euros, "fundamentalmente no ámbito do rural".

Residuos Voluminosos
A Xunta de Goberno Local aprobou unha indemnización substitutiva á empresa Toysal pola prestación do servizo de xestión dos residuos voluminosos nos meses de xullo e agosto de 2010 por un valor de 36.632 euros. Tal e como explicou o rexedor isto significa que cada ano o concello gastará 225.000 euros pola prestación do servizo porque "hai un ano o goberno da Xunta eliminou de Vigo a retirada de voluminosos", dixo.
Descargar todas as imaxes