Escoitar

Abel Caballero anuncia a concesión da licenza de primeira ocupación para as vivendas públicas de Navia

O alcalde de Vigo asinou este martes a orde do día do próximo Consello da Xerencia municipal de Urbanismo que ratificará a licenza concedida polo Concello ás mais de 300 novas vivendas públicas do barrio de Navia. Caballero explicou que o pasado venres os técnicos municipais certificaron a finalización das vivendas de Teixugueiras 15 e hoxe, "nun día", xa foi concedido o permiso para ser ocupados os pisos de protección.

martes, 2 nov 2010
1288705589023.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe martes en rolda de prensa que as máis de 300 novas vivendas públicas de Navia xa contan con licenza de primeira ocupación, polo que os seus inquilinos poderán ocupalas esta mesma semana.

O rexedor asinou hoxe martes a orde do día do Consello da Xerencia municipal de Urbanismo, a celebrar a finais desta semana, na que se inclúe a ratificación do permiso concedido pola Xerencia para habitar as devanditas vivendas da rúa Teixugueiras número 15.

Explicou Caballero que os técnicos municipais de Urbanismo certificaron o pasado vernes que o acondicionamento das vivendas que promove a Xunta de Galicia rematou, e subliñou que "nun dia damos as licenzas das vivendas públicas de Navia".
Descargar todas as imaxes