mércores, 3 nov 2010
O alcalde de Vigo acudiu este mércores á parroquia viguesa tras a conclusión dos traballos de protección e conservación do patrimonio histórico e paisaxístico dos xardíns o pasado vernes, que estiveron rematados para o día de difuntos, cun orzamento superior aos 300.000 euros. A mellora supuxo a renovación das sendas peonís e o acondicionamento dos xardíns e parterres, entre outras actuacións.
mércores, 3 nov 2010
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, destacou que o novo Centro de Recepción de Visitantes de Vigo, inaugurado hoxe na Estación de Ría, coloca á cidade na "primeira división" do turismo. O centro consta de 170 metros cadrados, distribuídos en diversos espazos "nos que se facilita a autoxestión dos visitantes", segundo salientou o nacionalista, mediante o uso das novas tecnoloxías e un plano xigante de Vigo que permite unha visión global da cidade.
mércores, 3 nov 2010
O alcalde destaca o apoio do goberno municipal aos representantes das navieiras adxudicatarias dos tráficos de PSA Peugeot Citröen e insiste en que se trata de emendar un "erro histórico do Porto de Vigo". Abel Caballero recibiu na mañá deste mércores a representantes das compañías CMHF (Compañía Marítima Hispano Francesa) e UECC, para trasladarlles o seu apoio na consecución da autoestrada do mar de Vigo
Esta actividade está enmarcada dentro dos actos do Bicentenario
mércores, 3 nov 2010
A Orquestra de Vento e a Orquestra Sinfónica do Conservatorio actuarán esta tarde e mañá xoves a partires das 20:00 horas con entrada libre. O próximo sábado, 6 de novembro, a nova Praza do Bicentenario acollerá o Festival Folclórico organizado polo Bicentenario da Cidade. Os alumnos da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) seguen coas representacións teatrais dirixidas a escolares e ao público en xeral.
mércores, 3 nov 2010
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este mércores o programa de actos que se desenvolverá ao longo do mes de novembro con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero, que comeza mañá ás 12 horas no mercado do Calvario. A edil do BNG destacou a ampla variedade de actividades, que inclúen accións escénicas, proxección de microvídeos e exposición de carteis presentados aos concursos organizados pola Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller, ciclos de cine, a manifestación contra a violencia de xénero o día 25, ás 20 horas dende a Praza de Urzáiz, e a lectura dunha declaración institucional do Concello de Vigo o 29 de novembro.
mércores, 3 nov 2010
Abel Caballero recibiu na mañá deste mércores a cooperantes desta Fundación que traballa en África Central para explorar e estudar a viabilidade de construír pozos de barrena nunha poboación fortemente castigada pola sequía. O alcalde loou o seu traballo e avanzou que terán a cooperación do Concello de Vigo.