Escoitar

Caballero visitou a recuperación dos xardíns de Pereiró, no que o Concello investiu máis de 300.000 euros

O alcalde de Vigo acudiu este mércores á parroquia viguesa tras a conclusión dos traballos de protección e conservación do patrimonio histórico e paisaxístico dos xardíns o pasado vernes, que estiveron rematados para o día de difuntos, cun orzamento superior aos 300.000 euros. A mellora supuxo a renovación das sendas peonís e o acondicionamento dos xardíns e parterres, entre outras actuacións.

mércores, 3 nov 2010
1288792318pereiro.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este mércores os xardíns de Pereiró, unha vez rematados os traballos de recuperación e conservación do patrimonio histórico e paisaxístico acometidos polo Concello cun orzamento superior aos 300.000 euros.

Estas melloras municipais remataron o pasado venres, seguindo os prazos previstos e a tempo para a festividade de difuntos do 1 de novembro. A concellería de Limpeza, Parques e Xardíns, dirixida pola socialista Raquel Díaz, realizou ademais dentro do proxecto a reparación de varios elementos destes xardíns que estaban están deteriorados polo paso do tempo.

Para realizar as actuacións citadas procedeuse a renovar as sendas peonís con extensión de xabre e mellorar a capa de rodadura das sendas que conducen ata a entrada do cemiterio. Ademáis, segundo os datos recollidos do proxecto, aproveitouse esta acción municipal para acondicionar os elementos vexetais e os parterres. Tamén levaouse a cabo a reordenación da sinalización, o pintado de viais e do aparcamento, novas beirarrúas en granito, a recondución das augas pluviais e a reordenación dos quiscos de flores, que contarán cun novo espazo.

Cemiterios
Segundo explicou Abel Caballero durante a visita, o Concello xa dispuxo de recursos para mellorar os camposantos de Pereiró, Teis e Beade, e avanzou que, unha pasada a festividade de difuntos, o goberno local realizará unha reforma integral na capela do cemiterio de Lavadores.
Descargar todas as imaxes