Iolanda Veloso anuncia que os actos polo Día internacional contra a violencia de xénero comezan mañá xoves no Calvario
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este mércores o programa de actos que se desenvolverá ao longo do mes de novembro con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero, que comeza mañá ás 12 horas no mercado do Calvario. A edil do BNG destacou a ampla variedade de actividades, que inclúen accións escénicas, proxección de microvídeos e exposición de carteis presentados aos concursos organizados pola Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller, ciclos de cine, a manifestación contra a violencia de xénero o día 25, ás 20 horas dende a Praza de Urzáiz, e a lectura dunha declaración institucional do Concello de Vigo o 29 de novembro.
"Quixemos organizar unha programación completa co obxectivo de estender a sensibilización contra a violencia de xénero e as discriminacións, especialmente nun ano tan duro como este", manifestou a concelleira de Igualdade na rolda de prensa, na que tamén participaron Rosa Fontaíña, da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos, María Xosé Queizán, do colectivo Feministas Independentes Galegas, e Conchi Regueiro, de Mulleres Progresistas.
Iolanda Veloso afirmou que precisamente o lema da conmemoración deste ano, "Non o ignores, non o xustifiques, non o escondas", afonda nese reto da sensibilización. Sinalou ademais que o programa inclúe novidades como os concursos de microvídeos e o certame de carteis, que serviu para elixir o deseño que se empregará para dar a coñecer os actos organizados polo 25 de novembro, e que se exporán no Auditorio Municipal o 24 de novembro.
As accións escénicas desenvolveranse a cargo do alumnado da Escola Superior de Arte Dramática de Galiza e comezarán mañá ás 12 horas no mercado do Calvario, o 11 de novembro ás 19 horas no Centro Comercial Travesía; o 18 de novembro ás 19 horas na estación de Renfe e o 25 de novembro ás 11:30 no Marco. A Escola Oficial de Idiomas acollerá do 15 ao 29 de novembro a exposición fotográfica "No só doen os golpes", de Pamela Palenciano, que impartirá tamén no mesmo espazo un taller de violencia de xénero. Tamén terán lugar diversas proxeccións cinematográficas. Así, os luns do 8 ao 29 de novembro celebrarase o ciclo de cine "Realidades invisibles", ás 20:30 horas no Centro Cultural Caixanova. O Verbum acollerá o ciclo Cinema infantil, os días 13, 14 e 21 de novembro ás 17:30 horas e o 28 de novembro, tamén ás 17:30 horas, Cinema xuvenil. No Centro de Documentación e Recursos Feministas celebrarase o Vídeo Forum, os días 16, 17 e 23 de novembro. O 24 de novembro terá lugar a proxección dos microvídeos
A representante da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos, Rosa Fontaíña expresou a súa satisfacción "polo traballo que se está levando a cabo" e concordou coa concelleira nacionalista ao salientar que hai actividades "para todos e todas, cun amplo abano de posibilidades". María Xosé Queizán incidiu neste aspecto e destacou que as actividades previstas van dirixidas a "todos os públicos e todas as idades". Fixo un paralelismo entre as mulleres mortas como consecuencia das violencia de xénero e as vítimas de ETA. Comentou que existe unha lei que favorece as vítimas do terrorismo pero pola contra preguntouse "quen fala das vítimas da violencia de xénero", pese a que recoñeceu a importancia de que este tema teña saído "á luz pública". Conchi Regueiro, do colectivo Mulleres Progresistas fixo un chamamento á participación nos actos, xa que considerou que contemplan "todo tipo de aspectos, tanto reivindicativos como reflexivos" e van dirixidos a públicos non tidos en conta en edicións anteriores.
Descargar todas as imaxes