Escoitar
Esta actividade está enmarcada dentro dos actos do Bicentenario

O Auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo acolle dous concertos os días 3 e 4 de novembro

A Orquestra de Vento e a Orquestra Sinfónica do Conservatorio actuarán esta tarde e mañá xoves a partires das 20:00 horas con entrada libre. O próximo sábado, 6 de novembro, a nova Praza do Bicentenario acollerá o Festival Folclórico organizado polo Bicentenario da Cidade. Os alumnos da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) seguen coas representacións teatrais dirixidas a escolares e ao público en xeral.

mércores, 3 nov 2010
Con motivo da celebración do Bicentenario da Cidade de Vigo, o Concello segue inmerso na programación de actividades conmemorativas. Desta volta, o escenario elixido é o auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo no que hoxe, día 3 de novembro, a Orquestra de Vento do Conservatorio Profesional comezará a súa actuación a partires das 20:00 horas baixo a batuta de Manuel Martínez Álvarez-Nava.

Mañá xoves, 4 de novembro, tocaralle o turno á Orquestra de Vento CMUS, tamén a partires das 20:00 horas e con entrada libre.

A estas actividades súmanse as representacións que están a levar a cabo os alumnos da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) que continúan coa interpretación da obra "Lela anda en bicicleta", dirixida a escolares. Tras o éxito das anteriores representacións, os alumnos da escola volverán a poñer en escena a adaptación da obra de Carlos Casares, "Lolo anda en bicicleta", os días 12 e o 26 de novembro.

Pero ademais os días 5 e 19 de novembro, a partir neste caso das 20:00 horas, o público en xeral poderá asistir a representación da obra "Sen Título. Técnica mixta sobre linóleo negro" de Eva Freixeira Ferreira.

FESTIVAL FOLCLÓRICO
Este sábado 6 de novembro, a Praza do Bicentenario acollerá o Festival Folclórico. A celebración comezará as 17 horas coa participación de agrupacións como Tangaraño, Flores Novas, Os ventos de Comesaña, Traspés, a Escola Municipal de Danza e Percusión Tradicional, Semente da arte galega, Corisco, Atlántida de Matamá, O Fiadeiro, Andarela, Lembranzas Galegas e A Buxaina.

Xunto as actuacións programadas habéra unha carpa instalada nos xardíns de Blein Budiño, fronte á Praza, para a degustación de comida típica galega.