mércores, 14 xan 2015
A Xunta de Goberno local aprobou o nomeamento da dirección facultativa da primera fase das obras de consolidación estructutral no Estadio de Balaídos, cun orzamento de 1,6 millóns e un prazo de execución de 4 meses. O goberno local aprobou tamén os últimos trámites para iniciar de xeito inmediato as obras da terceira fase da rúa Camelias.
martes, 13 xan 2015
O goberno local humanizou nos últimos sete anos máis de 500 rúas, entre as que se atopa Doutor Canoa, cun orzamento de 230.000 euros para unha actuación de máis de 300 m. Segundo resaltou o rexedor, estas obras permitiron crear moitos empegos na cidade, ademais de mellorar a calidade de vida dos veciños.
mércores, 7 xan 2015
Nos seis primeiros meses de 2015, o goberno local acometerá un plan de asfaltados por valor de 5 millóns de euros con obras espalladas por toda a cidade. Tal e como explicou en rolda de prensa o concelleiro responsable de Fomento, David Regades, 900.000 euros serán investidos no centro de Vigo e o resto do orzamento será para mellorar o firme nas parroquias.
luns, 29 dec 2014
O alcalde deu conta da adxudicación o pasado venres dos traballos de mellora das primeiras fases das rúas Gerona, Gregorio Espino, Pazos Entronque, a terceira fase de Aragón e do remate das obras do Mercado de O Progreso. Tal e como lembrou o rexedor, nun so día aprobouse un investimento superior ao millón e medio de euros.
venres, 26 dec 2014
O alcalde inaugurou este venres a reforma realizada na Avenida das Camelias, as dúas primeiras fases da reforma do vial, entre a Praza de Indendencia e Doctor Marañón, cun investimento de case 2,5 millóns. Ademais, o goberno de Vigo aprobou hoxe o proxecto de humanización da terceira fase (entre as prazas de América e da Independencia) que arrancará o 7 de xaneiro.
martes, 23 dec 2014
A tenente de alcalde, Carmela Silva, informou este martes da aprobación dos últimos trámites administrativos previos ao inicio da primeira fase da reforma do vial, entre República Argentina e Canceleiro, obra que comezará a partir do 7 de xaneiro. O Concello adica 1,3 millóns a esta mellora.
venres, 19 dec 2014
A Xunta de Goberno local deu luz verde á clasificación de ofertas das humanizacións das rúas Gerona e Gregorio Espino que arrancarán o próximo mes de xaneiro. Por un importe superior a 500.000 euros, os traballos de ambas rúas estarán rematados a finais do mes de abril.
xoves, 18 dec 2014
O goberno local deu luz verde á adxudicación das obras de humanización de Rosalía de Castro, Castrelos, Ramón Nieto e rúa Saa-Beade. Así o avanzou hoxe xoves o rexedor nunha rolda de prensa na que tamén anunciou a reparación das pistas deportivas de Mestre Prudencio Rodríguez Dios, Hispanidad e Valadares.
luns, 15 dec 2014
A finais do próximo mes de xaneiro comezarán a funcionar as escaleiras mecánicas de II República, unha vez adxudicada a cuberta, por importe de 227.936 euros. Deste xeito, apuntou o rexedor, concluirase a primeira actuación municipal no chamado Vigo vertical.
xoves, 4 dec 2014
O goberno local deu luz verde á clasificación de ofertas para a adxudicación da humanización das rúas Castrelos e a primeira fase de Rosalía de Castro. Tal e como precisou o rexedor en rolda de prensa, estas obras sumaránse en breve a outras dúas que van comezar o 9 de decembro en Alonso Ojeda e a Praza de Martínez Garrido.