Escoitar

O Concello inciará en setembro obras de humanización por máis de 5 millóns de euros

O goberno local iniciará en setembro obras de mellora en distintas zonas da cidade por un valor de máis de 5 millóns de euros. Ademais, tal e como explicou o concelleiro de Fomento, David Regades en rolda de prensa, de xeito inmediato comezarán obras por preto dun dous millóns de euros en no centro e nas parroquias, obras que se suman a outras xa en marcha e que ascenden aos 11 millóns.

luns, 4 ago 2014
1407155955regades.JPG
O concelleiro de Fomento, David Regades, avanzou que no mes de setembro van comezar obras na cidade por un importe superior aos 5 millóns de euros, logo de que se publicara a licitación no DOG de obras en no estadio de Balaídos, en Coruxo, Alcabre, Matamá, Navia, Saiáns, San Roque, Valadares, Sárdoma, Oia, Cabral, Candeán, Beade, Lavadores, Teis, Navia, Castrelos, rúa Doutor Canoa, entre outras zonas. Por outra banda, empezan nestes días obras por valor de 1,9 millóns en Marqués de Valterra, Camiño das Pedreiras (Coruxo), Regato Vilaverde-Pebegóns, Ronda don Bosco, Mestre Chané, entorno de Churruca, así como reparacións de pasos de peóns e adaptación de sumidoiros en distintas zonas do termo municipal.

Estes traballos súmanse aos que xa están en marcha por un importe superior aos 11 millóns, e que, entre outros puntos da cidade, estánse desenvolvendo en distintas rúas de Teis, na rúa Brasil, Praza da Miñoca, Abeleira Menéndez, acceso a Navia, Camiño Caramuxo, Camelias, rúa Areal, Moaña, Escola Infantil de Navia, Camiño do Caramuxo,

Por último, tal e como detallou o responsable municipal, ao longo do segundo semestre deste ano, licitaránse obras por outros 14 millóns de euros en obras en parques infantís, arranxo de pistas polideportivas, humanización Rosalía de Castro, Gregorio Espino, María Berdiales, Juan Ramón Jiménez, Carballal, Ramón Nieto, Praza do Rei, Tomás Alonso, túnel de Praza España, rúa Pontevedra, Serafín Avendaño, etc.
Descargar todas as imaxes