martes, 5 ago 2014
Así o informou este martes o alcalde de Vigo, quen explicou que todos os museos da Rede municipal participan o 8 de agosto nesta iniciativa, xunto aos xacementos arqueolóxicos do Castro e Toralla. O goberno local amplía os horarios dos recintos ata as 2am e organiza visitas guiadas e concertos, ademais da apertura dunha nova mostra. Haberá accións especiais e información nos museos sobre Martín Códax e o Pergamiño Vindel, en conmemoración do centenario do seu achado.
martes, 5 ago 2014
O alcalde presentou este martes unha nova edición deste evento folclórico, integrado na programación de Vigo en Festas 2014, que levará a música por toda a cidade, desde hoxe e ata o 10 de agosto. O domingo terá lugar un gran concerto de peche no Mar de Vigo, coa participación de todos os grupos do Festival.
martes, 5 ago 2014
Caballero asinou este martes o acordo coa Fundación, segundo o cal o Concello achega 8.000 euros para subvencionar nun 73% o custo da estancia puntual das persoas discapacitadas no edificio da entidade. Os usuarios abonan 45 euros diarios por persoa, polos 123 euros que achega a administración local.
martes, 5 ago 2014
A praza da Constitución será o escenario da semana da mocidade das FESTAS coa programación de VIGOSÓNICO, do 4 ó 7 de agosto en horario de 22:00 a 00.30h. Hoxe martes 5 , turno para VICIOUS VIEW (Rock): 22:00 h - HILLS AND VALLEYS (Metalcore): 22:40 h - DYSNOMIA (Death melódico): 23:20 h
martes, 5 ago 2014
A praza da Princesa dara cita esta semana do 4 ó 8 de agosto ás bandas de música a partir das 20.00 horas.