venres, 8 ago 2014
Abel Caballero informou este venres da aprobación do procedemento aberto do servizo de xestión e transporte dos desprazamentos escolares deste programa educativo, destinado a que o alumnado coñeza os distintos puntos de interese da cidade.
venres, 8 ago 2014
O alcalde mantivo este venres unha reunión con responsables de ARVI, aos que garantiu a colaboración do Concello de Vigo nos actos de conmemoración dos 50 anos da entidade. Caballero loubou a traxectoria da Cooperativa, que significou "a modernización da pesca en Vigo", o "gran motor que moveu á cidade durante a súa historia".
venres, 8 ago 2014
O Concello de Vigo promove o programa cultural "A NOITE BRANCA", encadrado na oferta "Vigo en Festas 2014", que se desenvolverá este venres 8 de agosto desde as 19.00 ata as 02:00 h (madrugada do sábado) no Museo "Quiñones de León", Verbum-Casa das Palabras, Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego", Casa Galega da Cultura, Casa das Artes, Fundación Laxeiro, MARCO-Museo de arte contemporánea de Vigo, Museo Liste-Etnográfico de Vigo e CAT-Centro de Artesanía Tradicional-
venres, 8 ago 2014
O venres 8 de agosto, o artista JAMIE CULLUM actuará no auditorio ao aire libre de Castrelos; o máis exitoso cantante de jazz do Reino Unido, nacido en Romford, Essex (Inglaterra), xa ten vendidos máis de dez millóns de discos en todo o mundo. Tras o lanzamento do seu álbum "Momentum" o artista embarcou nunha xira mundial que agora o trae a Vigo con concertos que sempre sorpenden.
venres, 8 ago 2014
O Concello de Vigo colabora na 14ª edición de O MARISQUIÑO, que se celebrará os días 7, 8, 9 e 10 de agosto, incluído dentro do programa VIGO EN FESTAS 2014, e que contará con actividades de Skate, BMX, street; BMX flatland; Dirt Jump; Urban Downhill, Mountain bike; B-Boying e Freestyle Motocross no Paseo das Avenidas e na Praza da Estrela; así como tamén concertos no "OFF MARISQUIÑO" que se desenvolverán no Auditorio do Pazo de Congresos de Vigo.
venres, 8 ago 2014
Xira nacional da emisora de música LOS 40 PRINCIPALES que trae a Vigo o espectáculo musical e visual "40 HOT MIX ROAD SHOW-RADIO VIGO", con DJs como Álvaro Reina, Óscar García e Edu Naranjo, así como varias actuacións (Sweet California, Sophia del Carmen, Adelen, Pablo Méndez, entre outros…).