Escoitar

Concerto de Jamie Cullum en Castrelos

O venres 8 de agosto, o artista JAMIE CULLUM actuará no auditorio ao aire libre de Castrelos; o máis exitoso cantante de jazz do Reino Unido, nacido en Romford, Essex (Inglaterra), xa ten vendidos máis de dez millóns de discos en todo o mundo. Tras o lanzamento do seu álbum "Momentum" o artista embarcou nunha xira mundial que agora o trae a Vigo con concertos que sempre sorpenden.

venres, 8 ago 2014
1407408283jamiecullum.jpg.jpg
PREMIOS: 1 Grammy, 2 Globos de Ouro, 2 BRIT awards, GQ Música Home do Ano, Premio Radio Sony e moitas outras nominacións.

INFLUENCIAS: "Os artistas que máis admiro son xente como Miles Davis e Tom Waits, que fan todo tipo de estilos, e cambian e evolucionan cos anos, mais aínda así seguen a ser eles mesmos" – J.Cullum.

ESPECTÁCULO: Os seus concertos son como unha caixa de sorpresas; nunca teñen unha lista de cancións pechada e en calquera momento pode facer percusión co piano acompañado pola banda ou cantar subido a el.

As entradas poderán adquirirse anticipadamente en Servinova (www.servinova.com / 902.504.500) e na Central de Espectáculos (r/ Velázquez Moreno, 26), a un prezo de 12 € (máis gastos de xestión). No despacho de billetes do auditorio, o día do concerto, terán un prezo de 15 €. As entradas son para cadeira sen numerar.
Descargar todas as imaxes