O goberno local valida por dous anos o programa educativo escolar "Vigo por Dentro"
Abel Caballero informou este venres da aprobación do procedemento aberto do servizo de xestión e transporte dos desprazamentos escolares deste programa educativo, destinado a que o alumnado coñeza os distintos puntos de interese da cidade.
O contrato prevé o investimento de 150.000 euros en partidas plurianuais ata a finalización deste, nun prazo de dous anos. O Concello implemetará desde o novo curso escolar as visitas en autobús do alumnado dos colexios da cidade a lugares de interese significativo en Vigo.
Por outra banda, a Xunta de Goberno Local tamén deu luz verde aos plans de residuos, seguridade e saúde das obras de asfaltado de case un quilómetro na Avenida do Tranvía, por un importe superior aos 80.000 euros. Esta aprobación supón a práctica finalización da tramitación administrativa previa ao inicio da pavimentación.