Escoitar

O Concello inviste 1,5 millóns na humanización da segunda fase das Camelias

Segundo explicou Caballero durante unha visita á obra, o Concello xa ten prácticamente concluída a primeira fase da reforma -cun orzamento próximo ao millón de euros- e actualmente acomete a renovación do segundo tramo, entre a rúa Ourense e Doctor Marañón.

venres, 8 ago 2014
1407499563camelias.JPG
O alcalde salientou a magnitude e necesidade desta actuación municipal na Avenida das Camelias, prácticamente concluída na súa primeira fase e ao 20% de execución na segunda; o orzamento nestas dúas primeiras partes do vial ascende aos 2,5 millóns. As restantes fases comezarán ao longo de 2015, explicou Caballero, quen indicou que é "unha das grandes humanizacións" da cidade.

O goberno local está a renovar en ambas fases as redes de abastecemento, saneamento e pluviais, incluindo beirarrúas de granito, decenas de luminarias con tecnoloxía led, colocaránse unhas 30 papeleiras, así como bancos ou xardineiras, conservando os camelios. O total da humanización da rúa, con cargo á concesionaria da auga, achegarase aos 6,5 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes