Escoitar

"A NOITE BRANCA"

O Concello de Vigo promove o programa cultural "A NOITE BRANCA", encadrado na oferta "Vigo en Festas 2014", que se desenvolverá este venres 8 de agosto desde as 19.00 ata as 02:00 h (madrugada do sábado) no Museo "Quiñones de León", Verbum-Casa das Palabras, Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego", Casa Galega da Cultura, Casa das Artes, Fundación Laxeiro, MARCO-Museo de arte contemporánea de Vigo, Museo Liste-Etnográfico de Vigo e CAT-Centro de Artesanía Tradicional-

venres, 8 ago 2014
1407408772noitebranca.jpg
Esta iniciativa, iniciada o ano anterior, pretende salientar o patrimonio e actividades dos centros que forman parte da Rede Museística e Expositiva do Concello de Vigo (Museo "Quiñones de León", Verbum-Casa das Palabras, Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego", Casa Galega da Cultura, Casa das Artes, Fundación Laxeiro, MARCO-Museo de arte contemporánea de Vigo, Museo Liste-Etnográfico de Vigo e CAT-Centro de Artesanía Tradicional) dende unha perspectiva máis novidosa, nun horario amplo e singular, procurando maiores atractivos para a cidadanía viguesa e para as persoas que visitan a cidade nestas datas. Súmanse nesta ocasión os xacementos arqueolóxicos do Castro e o Centro de Interpretación do Mundo Romano (Toralla), dependentes da concellería de Patrimonio Histórico.

A oferta, aberta a todo tipo de público, realízase seguindo criterios de gratuidade, participación da cidadanía, sustentabilidade e novidade.

O programa supón a ampliación do horario normal de funcionamento dos centros citados ata as 02:00 h (madrugada do sábado); ademais, inclúe unha serie de actividades paralelas como visitas guiadas, concertos musicais tanto nas rúas próximas como nos propios centros, exposicións...

Este ano, a NOITE BRANCA vincúlase ao centenario do achado do Pergamiño Vindel, feito que revolucionou os estudos sobre a nosa lírica mediaval profana. A concellería de Cultura e Festas achegará esa noite, aos diversos centros da rede museística, varias unidades informativas relacionadas co pergamiño, Martín Códax, os trobadores, etc, que a partir de setembro poderán ser utilizadas, como exposición móbil, por centros de ensino ou entidades socioculturais. Ademais, tense editado un folleto específico que recolle toda esta información. Como complemento, o grupo Sanfonetto interpretará "O segredo do pergamiño Vindel: 100 anos de música para as cantigas": zanfoña, voz, organetto, percusión e relato dunha narradora son os ingredientes que adobiarán e acompañarán o relato do que aconteceu co pergamiño Vindel; os concertos serán ás 21:00 h no Pazo-Museo "Quiñones de León" de Castrelos e ás 23:00 h no salón de actos do Verbum.

As visitas guiadas ao Pazo-Museo e sala de Arqueoloxía do "Quiñones de León" de Castrelos, así como as dos xacementos arqueolóxicos (Castro e Centro de Interpretación do Mundo Romano en Toralla) precisarán de inscrición previa a través do servizo do 010, os días 5, 6 e 7. Tamén precisarán inscrición previa os concertos do grupo Sanfonetto.
Descargar todas as imaxes

Máis información