O Concello formou a 2.500 persoas en prácticas de reanimación cardiopulmonar desde 2011
Abel Caballero achegouse esta mañá a unha das sesións do curso de Reanimación Cardiopulmonar que o Concello está a impartir en Samil. Esta iniciativa de formar a usuarios dos arenais, 60 ao día, súmase á instrucción que xa se realizou á axentes da Policía Local, mozos e mozas nos centros de Xuventude e alumnos e profesores de 13 centros educativos da cidade. En total, desde 2011, son 2.500 persoas as formadas en primeiros auxilios.
O rexedor destacou hoxe xoves a importancia de recibir formación en reanimación cadiopulmonar, unha actividade que se inclúe dentro das actividades que o Concello de Vigo ofrece para informar e formar en protocolos de intervención en primeiros auxilios. Concretamente, en Samil, impártense 4 sesións de 90 minutos nos que poden participar unhas 60 persoas ao día.
Desde 2011, o Concello formou a unhas 2.500 persoas, entre eles, 200 axentes de Policía Local que, grazas a esta formación, xa salvaron a vida dunha persoa, puntualizou. Outro dos colectivos que participaron nesta iniciativa foron os usuarios dos centros de mocidade municipais, así como alumnos e docentes de 13 centros públicos da cidade: IES Santo Tomé de Freixeiro; IES Politécnico de Vigo; IES de Teis; CPR Atlántida; IES Valadares; Colexio Maria Inmaculada HH Carmelitas; CPR Nuestra Señora de la Esperanza; IES Alexandre Bóveda; Centro de Educación Especial Saladino Cortizo; IES A Guía; IES de Beade, IES de Teis, e, por último, o Colegio Hogar.
Por outra banda, tamén se está a facer un reparto masivo de 1.500 imáns nos que figura o protocolo de intervención en primeiros auxilios, para que se peguen en comercios e domicilios.
Descargar todas as imaxes