Escoitar

O Concello organiza un encontro xuvenil con máis de mil rapaces procedentes de toda Galicia

O rexedor acudiu este mércores ao Vao, onde máis de mil rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos procedentes de toda Galicia realizan actividades, no marco dos campamentos urbanos de verán. Os participantes son maioritariamente de Vigo e Ourense pero tamén veñen de Santiago e Coruña. Caballero indicou que esta "fórmula de convivencia nos gusta especialmente" e recordou que o goberno local dispón este verán de case 20.000 prazas en actividades para nenos e nenas.

mércores, 6 ago 2014
1407328900vao.JPG
Trátase dun encontro de campamentos urbanos de distintas cidades galegas que se citan en Vigo, pola mañá deste mércores na praia do Vao e pola tarde no parque de Castrelos, onde realizan distintas actividades.

Caballero felicitou aos organizadores desta proposta, que parte das actividades municipais para o verán, e eloxiou unha "fórmula de convivencia que nos gusta especialmente". O rexedor afirmou que nesta xornada participan case medio millar de nenos dos campamentos urbanos do Concello de Vigo, máis de 500 chegan desde Ourense e aproximadamente medio centenar de rapaces de Santiago e outros tantos da Coruña.

"Os campamentos urbanos son para nós unha excepcional ocasión de facer ocio, educación e cultura", asegurou Abel Caballero, quen recordou que o goberno local oferta este verán case 20.000 prazas en decenas de actividades e campamentos urbanos.
Descargar todas as imaxes