Escoitar

O alcalde avanza que as escaleiras mecánicas de II República funcionarán en setembro

A partir de setembro poderán usarse as escaleiras mecánicas de II República no que suporá convertir "un proxecto do chamado Vigo Vertical do que se fala hai 25 anos nunha realidade". O rexedor presenciou esta mañá a instalación das escaleiras que, salvando un desnivel de preto de 10 metros, unirán a Porta do Solco Campo de Granada.

martes, 5 ago 2014
1407242773escaleras.JPG
O rexedor presenciou esta mañá de martes a colocación de das dúas escaleiras mecánicas que van funcionar desde setembro unindo a Porta do Sol co Campo de Granada. Acompañado pola tenente de alcalde e o concelleiro de Fomento, Carmela Silva e David Regades, respectivamente, Caballero explicou que ao tempo que se coloca esta infraestrutura, que salvará 10 metros de desnivel, mellorarase a iluminación da zona, ademáis de renovar o saneamento e abastecemento. Nestes momentos, estase a traballar no proxecto de cuberta das escaleiras porque, aínda que están preparadas para estar á intemperie, en atención aos usuairos, decisiuse cubrilas, explicou Caballero. O importe destas obras ascende a preto de 500.000 euros nesta primeira fase, un montante que se eleva a 1,2 millóns para completar a obra.

En declaracións aos medios avanzou que esta actuación no Vigo Vertical continuará co proxecto que prevé unir Torrecedeira, Pi i Margall e Menéndez Pelayo para rematar en Camelias.
Descargar todas as imaxes