Caballero subliña a presencia en toda a cidade do Festival Folclórico Internacional
O alcalde presentou este martes unha nova edición deste evento folclórico, integrado na programación de Vigo en Festas 2014, que levará a música por toda a cidade, desde hoxe e ata o 10 de agosto. O domingo terá lugar un gran concerto de peche no Mar de Vigo, coa participación de todos os grupos do Festival.
O Festival Folclórico Internacional chega á súa vixésima edición da man do Concello de Vigo e integrado na programación de Vigo en Festas 2014 para este verán. Organizado pola Asociación Cultural Interfolc, o goberno local subvenciona esta iniciativa con 63.000 euros.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou na presentación desta cita, xunto a Roberto Giráldez, presidente de Xarabal; Pablo González, presidente de Corisco; e Emilio Sotelino, presidente de Lembranzas Galegas. Estas tres entidades forman a Asociación Cultural Interfolc-
Grupos de Eslovaquia, Rosia, Uruguai, Toledo e os locais Corisco, Xarabal e Lembranzas Galegas amenizarán toda a cidade durante esta semana, con actuacións nas parroquias, animación de rúa e un gran concerto de peche, no Auditorio Mar de Vigo, o domingo.
A animación de rúa dará comezo todos os días ás 12 horas, iniciándoo mañá mércores o Ballet Folclórico Nacional de Uruguai na rúa do Príncipe e concluíndoo o 10 de agosto con Tarka na peonil do Calvario, Semillas del Arte na Alameda de Bouzas e o grupo uruguaio no PAU de Navia.
Ás 21:30 horas, os grupos do festival actuan nos auditorios de entidades veciñais e culturais do centro e das parroquias viguesas. Hoxe martes da comezo no Centro Veciñal e Cultural de Valladares con Tarka e o Ballet Folclórico Nacional, concertos que terán lugar diariamente ata o 9 de agosto, cando Tarka e Semillas del Arte pechan a programación no Centro Cultural e Recreativo de Cabral-Becerreira.
O domingo, 10 de agosto, ás 21:30 horas, o Auditorio Mar de Vigo acollerá o gran concerto de peche deste Festival, un evento que reunirá a todas as formacións que participan neste. O acceso, como a todos os eventos, será gratuito ata completar aforo, mais neste caso é preciso recoller unha invitación, dispoñible desde ás 19:30 horas do domingo no propio recinto cultural de Beiramar.
Máis información en vigocultura.org
Descargar todas as imaxes