Escoitar

O Concello celebra o venres a Noite Branca dos museos, adicado a Martín Códax e o Pergamiño Vindel

Así o informou este martes o alcalde de Vigo, quen explicou que todos os museos da Rede municipal participan o 8 de agosto nesta iniciativa, xunto aos xacementos arqueolóxicos do Castro e Toralla. O goberno local amplía os horarios dos recintos ata as 2am e organiza visitas guiadas e concertos, ademais da apertura dunha nova mostra. Haberá accións especiais e información nos museos sobre Martín Códax e o Pergamiño Vindel, en conmemoración do centenario do seu achado.

martes, 5 ago 2014
1407242686branco.JPG
O Concello adica a Noite Branca dos museos, incluida na programación de Vigo en Festas 2014, a Vigo, Martín Códax e o Pergamiño Vindel, polo centenario do seu achado.

A Noite Branca, presentada este martes polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, pretende por en valor o patrimonio e as actividades dos centros da Rede Museística do Concello e dos xacementos arqueolóxicos municipais do Castro e Mirambel. Por mor deste tema central centenario, o Concello dispuxo paneis e folletos informativos en todos os centros -unidades informativas sobre este documento histórico, Martín Códax, os trovadores...- e organiza concertos do grupo de música antiga Sanfonetto, que interpretarán "O Segredo do Pergamiño Vindel", no Quiñones de León e no Verbum.

O goberno local, segundo informou Caballero, adica 30.000 euros á celebración da Noite Branca, ampliando os horarios ata as 2am, celebrando visitas guiadas en todos os museos e algunhas especiais como a que terá lugar nos xardíns históricos de Castrelos ou un encontro co artistas Antón Goyanes na Pinacoteca, entre outros. O Concello tamén abre o venres a mostra "Procesalia: Cidade de Vigo" na Casa das Artes e no Verbum, unha mostra colectiva de arte contemporánea formada por obras de 21 artistas do ámbito galego, nacional e internacional.

Os concertos pechan esta programación especial para o venres, coas actuacións de Camarada Nimoy en Casa das Artes, Gazzfunkdation no MARCO, Solpeanuts no entorno do MARCO, Xardín Desordenado e Clave de Fado na Praza da Princesa, Najla Shami na Pinacoteca, Fran Pérez en Laxeiro e a Audición Didáctica "Sons de Cuba" no Liste.

Caballero recordou que todas as actividades dan comezo ás 19 horas e son gratuitas, con número limitado de asistentes, e apuntou que as visitas ao Pazo-Museo e a Sala de Arqueoloxía, así como aos xacementos arqueolóxicos precisan de inscripción previa no 010. Tamén é necesario facelo para os concertos de Sanfonetto no Quiñones e no Verbum.

Máis información en vigocultura.org
Descargar todas as imaxes