Escoitar

O goberno de Vigo e a Fundación Menela convenian a prestación dun servizo de respiro familiar

Caballero asinou este martes o acordo coa Fundación, segundo o cal o Concello achega 8.000 euros para subvencionar nun 73% o custo da estancia puntual das persoas discapacitadas no edificio da entidade. Os usuarios abonan 45 euros diarios por persoa, polos 123 euros que achega a administración local.

martes, 5 ago 2014
1407242897menela.JPG
Caballero salientou a importancia deste acordo "de apoio e sensibilidade moi notable", asegurou, para prestar un servizo a familiares ou coidadores habituais de persoas con discapacidade que precisan puntualmente de tempo libre, consistente en estancias no edificio da Fundación.

Abel Caballero apuntou que o goberno que preside subvenciona o 73% do custo da estancia dos usuarios, uns 123 euros diarios por persoa, aboando os usuarios os 45 euros diarios restantes. O rexedor subliñou o "enorme labor que se fai desde o Concello coa Fundación Menela".
Descargar todas as imaxes