Concerto de "Uxía" no Auditorio Pazo de Congresos
Uxía ofrecerá un concerto o xoves, día 7 ás 22.00 horas no Auditorio do Pazo de Congresos de Vigo e dentro da programación das Festas. Trátase dun concerto especial coa participación de Antonio Zambujo, Budiño e Carlos Blanco e no que Uxía interpretará temas do seu ultimo traballo "Meu Canto" Acceso: entrada libre ata completar aforamento<br />
Meu Canto é unha relectura dos temas fundamentais do repertorio en directo de Uxía e temas que ata agora nunca tiña abordado. Unha proposta limpa de artificios na que o fundamental é a súa excepcional voz.
Uxía ten unha voz fermosa e serena que fuxe do virtuosismo exhibicionista e se fai transparente, para amosarnos unha artista madura, que comprendeu que non hai nada máis sofisticado que o esencial e que a voz é o único instrumento que nunca minte.
Meu Canto porque a maioría das cancións conteñen a palabra canto porque este disco é unha reflexión sobre o acto de cantar, as emocións que provoca, a voz, a esencia...
Uxía sigue o ronsel dunha cultura que viaxa e muda o significado e a natureza das fronteiras. Nesta ocasión a súa travesía lévanos a Brasil, onde foi grabado este traballo, nos estudios da editora Biscoito Fino, en Rio de Janeiro. A escolla non foi casual, abordar este novo reto coa produción do prestixioso músico Jaime Alem (productor de Maria Bethânia), o talento e a complicidade do virtuoso instrumentista Sérgio Tannus, tamén escoitamos Os Teus Ollos xunto con Lenine, toda unha garantía para palabras e músicas que saen sempre do máis profundo e íntimo do seu ser, da súa alma.
Vinte e cinco anos de carreira artística convértena nunha das voces máis populares e valorizadas da nosa lingua. As súas cancións seguirán tendo a presenza latente da música tradicional, cun tratamento innovador.
Unha voz máis contida e máis profunda ca nunca. Unha voz que amosa toda a forza e toda a vulnerabilidade coa que Uxía chegou a este punto do camiño, coa convicción de que un pobo que cantou desde tempos imemoriais non pode perder un instrumento tan fundamental como a propia voz, o propio canto, Meu Canto.
Descargar todas as imaxes