Escoitar

O alcalde avoga por facer do Marisquiño un evento "permanente" na cidade de Vigo

Abel Caballero participou este mércores na presentación do Marisquiño 2014, referencia internacional dos deportes de acción e cultura urbana que ten lugar esta fin de semana en Vigo. O alcalde -quen salientou os máis de mil participantes e as 100.000 persoas que visitarán a cidade polo Marisquiño- felicitou á organización polo seu traballo.

mércores, 6 ago 2014
1407328853marisquino.JPG
O alcalde explicou que o Marisquiño é un evento de ámbito internacional que enche Vigo con preto de 100.000 visitantes, segundo estima a propia organización, e subliñou a beleza escénica deste certame de deporte e cultura urbana.

A tenente de alcalde, Carmela Silva, eloxiou a celebración deste "gran evento" en Vigo e agradeceu á organización a elección de Julio Verne como tema central do Marisquiño 2014, xa que "forma parte do noso patrimonio e calquera cidade do mundo envidiaría ser mencionada por Verne".

Esta fin de semana, nos días 8, 9 e 10 de agosto, a explanada do Náutico será o escenario dun festival que xa é referente internacional no ámbito dos deportes de acción e cultura urbana, unha festa multidisciplinar con Skate Street, BMX Street, BMX Flatland, Mountain Bike, Dirt Jump, Mountan Bike Descenso, FMX Freestyle Motocross, Bboying, Trial, Graffiti, música en directo, djs e afterparty.

O Marisquiño da un paso máis en 2014 e se converte en sede de dous mundiais -skate e mountain bike-, facendo da cidade de Vigo un punto imprescindible do mapa deportivo mundial. A Copa do Mundo de Skateboard é a competición máis prestixiosa do mundo nesta disciplina e se celebra por primeira vez en España, mentres que o Circuito Mundial de Freeride Mountain Bike volve a celebrar unha proba en Vigo tras o éxito do pasado ano, un tour que chega directo desde Australia para partir despois a Crimea e China.

A edición 2014 presenta a Julio Verne e o Nautilus como imaxe gráfica central, entendido como un homenaxe a Vigo, á literatura e á imaxinación, segundo a organización do evento. Preténdese así recuperar a súa memoria para as novas xeracións e contribuir a difundir a estreita vinculación do gran escritor francés coa cidade de Vigo.

O Concello de Vigo, dentro do seu apoio ao festival como principal colaborador institucional, programou xunto á organización do evento o OFF Mariquiño, unha axenda de concertos no Auditorio Mar de Vigo que comeza mañá xoves, 7 de agosto, e se alongará diariamente ata o domingo.

A programación arranca o xoves 7 de agosto con GALIS 115 e o grupo GROTESQUE. Para o venres 8 está prevista a actuación de FUCK AND DESTROY, ademáis de contar con mellores artistas nacionais nos premios VMA de música electrónica no 2012, THE WARRIORS. Este mesmo día pechará o cartel ALIZZ, músico de Barcelona que ven de rematar a súa xira por Estados Unidos con gran éxito.

Xa o sábado 9 de agosto abrirán a xornada NASTY BASS, nun día no que o Auditorio contará coa presencia de NASTY MONDAYS, referente socio-cultural no panorama nacional. Para rematar o domingo 10 de agosto estará no recinto cultural o dj galego VENDETTA, Dj Nano e LES CASTIZOS.
Descargar todas as imaxes