venres, 11 dec 2020
O alcalde deu conta este venres do galardón internacional conseguido nos Premios IDC de Smart Cities & Communities, o cuarto que Vigo acada pola súa estratexia de cidade intelixente. A distinción recoñece o emprego de tecnoloxías intelixentes para optimizar os servizos municipais.
martes, 14 abr 2020
Abel Caballero explicou a posta en marcha destes novos portais de información pública municipal que permiten avanzar no goberno aberto, transparencia e consolidación das iniciativas smart city.
xoves, 5 mar 2020
Abel Caballero mantivo un encontro este xoves co ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, con quen estableceu alianzas para fomentar a compra pública de innovación e poñer a ciencia ao servizo da cidadanía.
xoves, 30 xan 2020
“Somos exemplares en España en transparencia e bo goberno“, apuntou o rexedor, quen valorou positivamente a concesión deste galardón por parte do Centro de Estudos Municipais e de Cooperación Internacional.
venres, 20 set 2019
Vigo vén de recibir a distinción de Cidade da Ciencia e Innovación de mans do ministro Pedro Duque nunha cerimonia organizada onte xoves en Castellón. Este premio recoñece o desenvolvemento de Vigo como smart city, ademais de colocala á cabeza das cidades en I+D.
venres, 1 mar 2019
O Concello recibirá 4 millóns do Goberno central para o proxecto de edificios intelixentes. O organismo Red.es, dependente do Ministerio de Economía e Emprego, deu o visto e prace á convocatoria viguesa dentro do seu Plan Nacional de Territorios Intelixentes da axenda dixital para España.
xoves, 27 set 2018
"O noso obxectivo é que dentro de 2.000 anos as illas se conserven igual que agora", destacou Caballero na Casa das Artes, onde tivo lugar a presentación da XIX Exposición Galaico-portuguesa de Filatelia. No acto estiveron presentes tamén o presidente da Sociedade Estatal de Correos, Juan Manuel Serrano, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva.
mércores, 18 abr 2018
O alcalde avanzou este mércores que o Concello de Vigo xa dispón do documento de cesión dos terreos para converter a vella vía férrea nunha nova senda verde para peóns e ciclistas. A Administradora de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) firmou o convenio para que a zona pase a ser de titularidade municipal e poida inicia a construción dun novo "espazo de encontro" para os vigueses.
luns, 9 abr 2018
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns adxudicación provisional das obras para construír o novo parque infantil, pista deportiva e área de descanso de Navia cun orzamento de licitación de 1,1 millón de euros e un prazo de execución de seis meses. O alcalde mostrouse "moi satisfeito" por un proxecto que conta tamén cunha zona para maiores.
xoves, 15 mar 2018
A Unión Europea impulsa en Galicia un proxecto de 5 millóns de euros para cidades ao que Vigo optará, segundo avanzou o alcalde, pois "adáptase moi ben ás características de Vigo". Abel Caballero mantivo unha reunión este xoves cos promotores do Plan Nacional de Territorios Intelixentes.