O novo parque Camilo José Cela, aberto tras un investimento de 315.000 euros

martes, 25 mar 2025

O alcalde inaugurou este martes a remodelación do parque Camilo José Cela. As obras de renovación das zonas central e baixa contan cun investimento do Concello de 315.000 euros. O alcalde recalcou a importancia das melloras realizadas no espazo pola súa proximidade a un colexio e polo seu elevado uso por parte da veciñanza de tódalas idades.

O Dinoseto deixa a Praza Compostela para comezar a súa recuperación

mércores, 2 out 2024

O alcalde achegouse este mércores ata Praza Compostela para interesarse polos labores de retirada do Dinoseto que será trasladado ao viveiro do Castro para a súa recuperación. Alí os técnicos reconstruirano integramente, unha tarefa laboriosa que requirirá de certo tempo. “Estamos ante o revival do Dinoseto", dixo Caballero, que avanzou que este símbolo da cidade terá unha nova localización.

O goberno local aprobará a remodelación do parque Finca Matías

xoves, 26 set 2024

Abel Caballero avanzou que a Xunta de Goberno aprobará o proxecto do parque Finca Matías cun importe de 2.850.000 euros. O proxecto inclúe un macroparque infantil e zonas verdes. O alcalde adiantou que o goberno local xa traballa no deseño para o acceso a través de medios mecánicos desde Travesía de Vigo ata Finca Matías e conectar coa rúa Aragón.