As catro piscinas de Samil estarán abertas entre o 23 de maio e o 30 de setembro
A partir do venres 23 de maio e ata o 30 de setembro, os usuarios da praia de Samil poderán gozar das catro piscinas de auga salgada. Son gratuítas e contarán coa atención de 12 socorristas.

O alcalde anunciou esta mañá que as catro piscinas de auga salgada de Samil estarán operativas a partir do próximo venres 23 de maio ata o 30 de setembro. Permanecerán operativas entre as 12 da mañá e as 21,00 h e contarán coa atención de 12 socorristas.
O areal de Samil, dixo o rexedor, é o único de Europa que conta con piscinas gratuítas a disposición dos usuarios. Durante o ano, o Concello realizou o mantemento das instalacións con limpeza de graffitis, nova cartelería, renovación de motores ou cambios de filtros para poder prestar o mellor servizo.