Escoitar

O Concello abre unha nova ruta saudable na Senda Azul do Lagares

Este venres, 23 de maio, comenzan os novos percorridos no tramo alto da senda do río Lagares, entre o mercado de Cabral e a Avenida de Madrid, tanto para persoas individuais como para colectivos.

martes, 20 mai 2025

O alcalde deu conta este martes da posta en marcha dunha nova ruta saudable no tramo alto da Senda Azul do Río Lagares, entre o mercado de Cabral e a Avenida de Madrid, unha proposta para coñecer o novo paseo pola ribeira do río que é “marabilloso”.

As actividades previstas están pensadas para persoas adultas así como para colectivos, asociacións e centros educativos que poderán participar no percorrido desde este venres, 23 de maio e ata o 20 de xuño.

As inscricións poden realizarse a través do teléfono de información municipal 010.

Descargar todas as imaxes