O alcalde anima a participar na XII Carreira da Cereixa de Beade para bater o récord de 2024
O alcalde destacou este luns a “dureza” do circuíto da XII Carrera da Cereixa de Beade, que terá lugar o vindeiro domingo 25 de maio.

Abel Caballero felicitou á Asociación de Veciños de Beade polo traballo “excepcional” que realizan tanto coa organización da Carreira da Cereixa, como co resto das actividades sociais.
O alcalde animou á cidadanía de Vigo a desfrutar dunha carreira con dúas distancias: de 10 e 5 quilómetros, respectivamente, que se caracteriza pola súa dificultade e dureza.
Antonio Villar, presidente da Asociación de Veciños de Beade, chamou a superar a participación de 650 corredores e bater o récord de 2024.