Escoitar

O goberno municipal adxudica as obras da cuberta das pistas deportivas de Zamáns

A Xunta de Goberno Local adxudicou hoxe, por 832.000 euros, a obras de construción da cuberta da pista deportiva de Zamáns. “Unha gran actuación en Zamáns, cunha nova pista deportiva cuberta”, recalcou el alcalde.

venres, 16 mai 2025

O alcalde avanzou este venres o acordo da Xunta de Goberno de adxudicación das obras de construción da cuberta da pista deportiva de Zamáns, agora ao descuberto e exposta aos avatares meteorolóxicos.

Caballero explicou que o proxecto tamén comprende a construción dun edificio anexo cos mesmos materiais de madeira da fachada e que toda a pista terá unha nova pavimentación, ademais de 27 metros de bancadas de formigón, iluminación con luces led e nova xardinería.

Descargar todas as imaxes