O rexedor anima a sumarse ao torneo solidario de Pádel para bater o récord mundial de participantes
O alcalde destacou este xoves, durante a presentación do XI Torneo de Pádel Concello de Vigo que se celebrará do 23 de xuño ao 6 de xullo nas instalacións dos Máis que Auga de Barreiro e Navia, a vertente solidaria da competición que este ano aspira a bater o récord mundial de participantes.

Abel Caballero animou hoxe á cidadanía a participar na undécima edición desta competición amateur polas dimensións deportiva e social da práctica do pádel e para “pulverizar” o récord mundial de competidores fixado en 1.050 participantes.
Francisco Cortegoso, xerente do Máis que Auga, presentou esta nova edición xunto a Judith Rodríguez, medallista olímpica de Esgrima; Lorena Curiel, xuíza árbitra do torneo; José Carlos Vidal e Rocío Allende, vogais da Asociación contra o Cancro de Vigo; Xoel Tejo, director do torneo, e Manuel Fernández, presidente Federación Galega de Pádel. As persoas que se inscriban gozarán dunha redución do 30 por cento da tarifa coa finalidade de incrementar a participación. Lembrou que existen 31 categorías que permiten formar parte da competición.
O XI Torneo Concello de Vigo ten carácter solidario. Destinarase o importe das inscricións da fila cero e 1 euro por cada anotación á Asociación Española contra o Cancro