Escoitar

O Concello organiza unha charla sobre a “cegueira médica” cara a saúde das mulleres

No marco da conmemoración o 28 de maio do Día Internacional de acción para a saúde das mulleres, o goberno de Vigo ofrece a conferencia “Ginopia médica: cando a ciencia ignora ás mulleres”.

mércores, 14 mai 2025

A experta divulgadora Helena Casadevall Adroher ofrecerá o vindeiro xoves, 22 de maio, a conferencia “Ginopia médica: cando a ciencia ignora ás mulleres”, na que abordará o concepto de Ginopia - a miopía ou cegueira ao feminino- e, en concreto, “ginopia médica” para describir a cegueira estrutural cara á saúde das mulleres, a invisibilización do seu corpo, cara a experiencia e as necesidades específicas das mulleres tanto na investigación biomédica como na práctica clínica.

Segundo sostén Helena Casadevall, esta “cegueira sistémica” xera diagnósticos erróneos, infradiagnósticos, tratamentos inadecuados e unha falta de investigación específica sobre a saúde das mulleres. Temas sobre os que disertará o 22 de maio, a partir das 17:00 horas na Sala de Conferencias de Afundación con entrada libre ata completar o aforo.

Descargar todas as imaxes