O Concello conmemora o Día Internacional dos Museos con oito novas citas culturais
A programación inclúe actividades no Museo MARCO, no Pazo de Castrelos e na Fundación Laxeiro. O alcalde avanzou esta mañá as oito iniciativas coas que Vigo conmemora o Día Internacional dos Museos.

Desde mañá xoves 15 ao domingo 18 de maio, a cidade conmemora o Día Internacional de los Museos no MARCO, no Pazo de Castrelos e na Fundación Laxeiro, cun extenso programa de actividades para público de todas as idades. Son oito citas culturais que contarán coa participación de expertos en bibliotecas, arquivos e centros de documentación, ademais de en divulgación científica, arte e historia. También haberá obradoiros para os máis pequenos.
O Marco acollerá mañá xoves a “IV Xuntanza de Bibliotecas, Arquivos e Centros de Documentación”, con dous relatorios de representantes de bibliotecas (Oleiros e Espacio Lectura de Gondomar). O venres 16 será a quenda dunha xornada sobre “Pedagoxía e Sociedade. Profesión, impacto e transformación”, cunha visita guiada á exposición “ÉRGUETE. A pegada das nais. Un berro que cambiou a sociedade”.
O sábado 17, Día das Letras Galegas, no MARCO está previsto o obradoiro “Falamos en chinés?” sobre a mostra de Alfonso Galván. O domingo 18, “Lumes’na escola” achegará a todos aqueles que o desexen unha narración científica en familia sobre “Astros, satélites e mitoloxía clásica”, con Estíbaliz Espinosa del Río.
O domingo 18 no Pazo de Castrelos poderemos gozar das visitas comentadas “O Pazo de Castrelos no seu centenario” con dous pases: de 11,00 a 11,45 horas e de 12,00 a 12,45 h.
Ese mesmo día deberemos achegarnos á Fundación Laxeiro para participar nas visitas comentadas á exposición temporal “Seis Cabezas”, de Alejandro Fuertes; e á mostra permanente de Laxeiro. O horario será de 12,15 a 13,00 horas. As visitas son gratuítas, só é preciso inscribirse mediante envío dun correo a fundacion@laxeiro.org antes do venres, 16 ás 14,00h.