O Concello inicia os traballos topográficos da obra das ramplas da Gran Vía
O alcalde informou da posta en marcha dos traballos para cartografar “todo o bulevar e a beirarrúa esquerda de subida” desde Praza América ata a Praza de España.

O goberno municipal comeza os traballos topográficos da obra de transformación da Gran Vía, entre a Praza de España e a Praza de América, onde prevé a implantación de ramplas mecánicas e a humanización do conxunto das beirarrúas.
“É unha dun simbolismo excepcional e de grande importancia”, indicou Abel Caballero ao informar do comezo da “cartografía de todo o bulevar e a beirarrúa esquerda de subida” desde a Praza de América.
Tal e como indicou, no mes de marzo o goberno municipal aprobou a contratación da redacción do proxecto da obra por un importe de 221.000 euros, coa previsión de que o importe total da obra superará os 25 millóns de euros.
Con este novo proxecto, o Concello quere mellorar a conexión da zona da rúa Barcelona, Zaragoza, Zamora, Hispanidade e tamén a conexión de Sárdoma e A Salgueira coa Gran Vía, nunha “nova forma de entender a mobilidade entre a Praza América e Praza de España”.