Un Pleno Extraordinario dará luz verde definitiva ao PXOM a semana que vén
O goberno local conta xa con todos os informes favorables para validar de xeito definitivo o Plan Xeral. O documento será aprobado definitivamente nun Pleno Extraordinario convocado para a próxima semana.

O alcalde avanzou esta mañá a convocatoria para o venres 16 dun consello extraordinario da Xerencia de Urbanismo para aprobar o documento do Plan Xeral. Este organismo ditaminará o texto como comisión informativa do Pleno Municipal. Unha vez completada a tramitación administrativa con todos os informes favorables, a semana que vén convocarase un Pleno extraordinario para aprobar o Plan Xeral de xeito definitivo.